Saltar ao contido principal

Publicacións

Tarxeta con peto para diñeiro.

O meu marido sempre di que a cabeza non me para así que para devolverlle a unha compañeira 20 euros que me deixara o día anterior ( xusto cando ven ao cole unha editorial con contos, esquezo eu a carteira) déuseme por facer ista tarxeta con pequenos retais que tiña, pasta de papel, acrílicos... Espero que vos guste!

Maleta álbum 60 cumpreanos

Nesta ocasión, preséntovos un proxecto que me fai moita ilusión. Por unha banda é a miña primeira maleta, todo un reto, e por outra banda é un regalo para o meu pai cheo de fotos e dedicatorias emotivas. Espero que vos guste!

Álbum de Comunión

Ola novamente, nesta ocasión ensínovos o meu novo traballo, un álbum de comunión no que como única esixencia estaba o uso de verdes. Espero que vós guste.  Dicir que tomei de referencia un álbum do blog máis que scrap, blog que me encanta e recomendo . Nesta maletiña metín o álbum.

Tarxeta cumpreanos

Esta foi a primeira tarxeta dunha serie de cumpreanos nas que os invitados que compartían regalo querían deixar un recordo á homenaxeada.

Album canvas

Outro album para a colección, esta vez empreguei técnicas novas e usei plantillas moi chulas dunha tenda da Coruña que envía a casa, o cal está moi ben. Para as tapas usei pan-pastels e gesso xa que non tiña pasta de papel e non quedou tan mal. Espero que vos guste. 

Album de cosido xaponés.

Aquí vós deixo un album que aprendín a facer coa mellor...Manoli Picatúa. Cada folla está feita con técnicas mix-media e foi unha pasada crear da súa man algo tan fermoso e que me deixou tan manchada, ha,ha,ha...gessos, acrílicos, colas...