Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2014

Album de Cumpreanos

Un ano máis chegou o cumpre da miña pequena. Con el, como cada ano, ven a mellor pallasa do mundo, Cris, cargada de sorrisos e xogos. como non podía ser doutro xeito fixen un álbum para que Xiana recordase o bonito que foi.  Nesta festa fun algo osada e fixen tamén unha mesa doce, moooiii sinxela pero resultona!!

Libro firmas cumpreanos

Nesta ocasión tócame ensinarvos o libro de firmas que fixen para un 50 cumpreanos. Tiña que ser masculino e levar catro fotos ao inicio. é moi sinxeliño. Unha encadernación xaponesa entelada e algo de decoración. Espero que vos guste!

Tarxeta xubilación

Facer scrap para homes non é sinxelo, as cores, as decoracións...buff! un lío. Aínda así, gustoume como quedou a tarxeta.

tarxeta cumpreanos

Aquí ven outra tarxeta de cumpreanos. Espero que vos guste!

Tarxeta con peto para diñeiro.

O meu marido sempre di que a cabeza non me para así que para devolverlle a unha compañeira 20 euros que me deixara o día anterior ( xusto cando ven ao cole unha editorial con contos, esquezo eu a carteira) déuseme por facer ista tarxeta con pequenos retais que tiña, pasta de papel, acrílicos... Espero que vos guste!

Maleta álbum 60 cumpreanos

Nesta ocasión, preséntovos un proxecto que me fai moita ilusión. Por unha banda é a miña primeira maleta, todo un reto, e por outra banda é un regalo para o meu pai cheo de fotos e dedicatorias emotivas. Espero que vos guste!

Álbum de Comunión

Ola novamente, nesta ocasión ensínovos o meu novo traballo, un álbum de comunión no que como única esixencia estaba o uso de verdes. Espero que vós guste.  Dicir que tomei de referencia un álbum do blog máis que scrap, blog que me encanta e recomendo . Nesta maletiña metín o álbum.