Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2020

Ilustración

Ilustración, en clave de humor, para despedir a un compañeiro.

Tarxeta Sorpresa

Cando un amigo quere una moto e non lla podes mercar...Pop-Up!

Album de comunión

Cesta de nacemento con caixa de coidados

Chegan curmaciñas novas a familia e por partida dobre! Pois nada mellor cun kit para recen nacidos ou para pais primerizos. Como podedes ver nas fotos, fixen un cartel para a porta das bebes. O cartel vai colocado na tapa da Caixa.

Caixiña bautizo

E cun novo bautizo, un novo patuquiño.  Aínda non fai moito do último pero foi un éxito, tras alguns cambios...Caixa vai!

Tarxetas de agradecemento

Estas tarxetas son moi especiais porque as destinatarias son un grupo de futuras mestras que estiveron no cole facendo as prácticas. Mozas novas, con moitas ideas e enerxía, que non so aprenden con nós senon que aportan moito nas aulas e por iso, estas tarxetas.

Samaín

Desta tampouco usei papel. Que que usei?  Madeira Bueno, Madeira e leds e pintura... Nesta casa como sobre algo de material, rapidamente se lle saca partido. Realmente é un traballo compartido. Eu debuxei, o meu marido cortou, eu pintei e xuntos colocamos as luces.

Monstruíños silenciosos

Nesta ocasión non vai a cousa de papel. Hoxe vouvos falar dunhas criaturas moi útiles nas aulas de infantil e primaria, aínda que creo que ata nas casa poden funcionar cos nenos pequenos. Trátase dos monstruiños silenciosos. Unhas criaturas do espacio que chegaron a Terra en busca de amigos e amigas que os adopten e coiden, con cariño e respecto e cunha regra moi importante que non se pode esquecer, a de non berrar, xa que os monstruíños teñen uns oídos moi potentes que en caso de notar ruído fan que enfermen. Non vexades como se controlan!

Unha caixa garda cartos

As veces, nas ceremonias, xa non sabes con que agasallar e por non levar traballo danse cartos e aí comeza o quebradeiro de como entregalos. Para este bautizo optei por crear una Caixa cun patuquiño dentro no que meter un roliño de cartos.

Libriña

O curso 2018- 2019, tiven a sorte de estar no cole de Quíns, como mestra. Cando cheguei notei en falta una mascota para a biblioteca, así que creei una historia que a presentase e a maiores creeina a ela, a Libriña.

Tarxeta de ata logo

Que difícil é dicir adeus a unha boa compañeira de vivenzas na escola. Noe, veu substituir por un trimestre ao cole pero integrouse tan ben no grupo que logo nos deu pena que lle tocase marchar. Como parte dun agasallo, démoslle unha tarxeta de "ata logo" porque adeus nunca se contemplou!

Album comunión

Sofía (preme para velo video) Que fácil é facer un álbum cando escoitas tantas cousas bonitas da persoa que o vai recibir. Sempre digo que o principal é coñecer como é a nena, neno ou adulto para poder escoller temas, papeles, estilos, cores...Imaxinade o que supón facer algo semellante a cegas🤯.

Transformación dunha axenda escolar

Non sei se a vós tamén os ocorre pero nunca atopo axendas que cumplan ao 100% co que necesito. E sendo mestra isto aínda se fai máis difícil. É a procura do Santo Grial! Chega un día no que decides crear a túa propia agenda de tarefas de aula e hoxe vouvos a presentar o que foi a portada da miña primeira incursión no mundo do steampunk de escritorio😅.

Caixiñas sorpresa para alumnas moi especiais.

Fai tanto tempo que non escribía no blog que xa casi non sabía como entrar. Pero tras un cambio de imaxe importante, toca retomalo con enerxía. Comezo esta primeira entrada, con unhas caixas sorpresa personalizadas.