Saltar ao contido principal

Publicacións

Tarxeta cumpreanos

Esta foi a primeira tarxeta dunha serie de cumpreanos nas que os invitados que compartían regalo querían deixar un recordo á homenaxeada.

Album canvas

Outro album para a colección, esta vez empreguei técnicas novas e usei plantillas moi chulas dunha tenda da Coruña que envía a casa, o cal está moi ben. Para as tapas usei pan-pastels e gesso xa que non tiña pasta de papel e non quedou tan mal. Espero que vos guste. 

Album de cosido xaponés.

Aquí vós deixo un album que aprendín a facer coa mellor...Manoli Picatúa. Cada folla está feita con técnicas mix-media e foi unha pasada crear da súa man algo tan fermoso e que me deixou tan manchada, ha,ha,ha...gessos, acrílicos, colas...                        

Libro de firmas para unha voda

Seguindo un tutorial de Manoli Navarro e con uns cantos materiais fixen este libro de firmas para unha voda.

Un LO para Martín

Como regalo de cumpreanos para o meu curmán, fixen un LO. Que difícil foi roubarlle posados, ha,ha,ha...é ver unha cámara é desaparece!!!

Mini álbum zigzag

Este ano, decidinme a elaborar un minialbum en zigzag para a miña curmá pequena Helena. Facendo acopio de fotos, collín uns papeis, decoracións...e isto foi o que saiu, espero que vos guste!!

CROP Galega 2013

Un ano máis, puidemos asistir á CROP en Cambados, que marabilla!!!! Da mán de Manoli Picatúa e Paticia Vilas-Boas fixemos uns proxectos xeniais.