Saltar ao contido principal

Publicacións

Libro de firmas para unha voda

Seguindo un tutorial de Manoli Navarro e con uns cantos materiais fixen este libro de firmas para unha voda.

Un LO para Martín

Como regalo de cumpreanos para o meu curmán, fixen un LO. Que difícil foi roubarlle posados, ha,ha,ha...é ver unha cámara é desaparece!!!

Mini álbum zigzag

Este ano, decidinme a elaborar un minialbum en zigzag para a miña curmá pequena Helena. Facendo acopio de fotos, collín uns papeis, decoracións...e isto foi o que saiu, espero que vos guste!!

CROP Galega 2013

Un ano máis, puidemos asistir á CROP en Cambados, que marabilla!!!! Da mán de Manoli Picatúa e Paticia Vilas-Boas fixemos uns proxectos xeniais.

Album de Viaxe a USA

Para este álbum empreguei cartón, tea de encadernar ,que merquei a moi bo prezo en totenart ( tenda on-line que vos recomendo), papeis de temática de viaxes, lazos, brads… Espero que vos guste.

Tarxeta de agradecemento.

Esta vez tocoume facer unha tarxeta para unha restauradora, os amigos aos que axudou querían darlle as grazas e pensei que estes papeis irían ben. O papel que imita madeira e os que empreguei para facer a casiña  son da colección de Pórtico. Os outros son de basic gray e un brad e adhesivos de indie. Espero que vos guste. 

Album para un súperbebé

Fai dous mesiños naceu o último campeón da familia, o meu primo Hugo. Aínda non lle puiden dar un coliño pero agora coas vacacións espero poder coñecelo e darlle este regaliño que lle fixen. Espero que vos guste. Como case sempre, sniff, sniff, a mitade das fotos saen do revés.