Saltar ao contido principal

Publicacións

Caixa de receitas

Como hoxe en día as receitas sácanse de Internet e de revistas... decidín facer esta caixa de receitas con apartados para metelas segundo a temática. Aínda así por se chega algunha de maneira tradicional fixen unha libretiña tamén.

2ª Crop Gallega

Este fin de semana tiven a enorme sorte de participar na crop galega en Cambados. Coñecín a un montón de xente marabillosa e descubrín técnicas xeniais da man de Manoli Picatúa e Gabi Monserrat

sacos de lavanda etiquetados con caixa

A miña nai pediume que a axudaxe a confeccionar un detalle para unhas veciñas e como ten tantas lavandas no xardín non foi difícil. Espero que vos guste.

broche e caixiña

Ainda que os broches non son o meu, unha amiga quería unha xoaniña e puxenme mans a obra. A caixiña fíxena con uns retais de graphic45. e un lazo plata. Espero que vos guste.  

Sobre moedeiro bautizo

Nesta ocasión tocou un bautizo. Espero que vos guste. Empreguei , unha pegatina de Pórtico, unha pinza xutai e dous papeis que sairon en LIDL en agosto, o que non saia no lidl!!!

Caixiña de regalo para unha miniboneca de Marbel

A miña peque vai dalo paso cara a escola e decidín facerlle un regalo a súa mestra Lulú coa que estivo 2 anos. As mozas de minibonecas.blogspot.com fixéronme unha preciosa boneca e eu personalicei o regalo con esta caixiña.

Tarxeta moedeiro comunión

Para iste deseño empreguei dous papeis da colección a fairday de SEI, un papel de core'dinations, dous lazos, unha pinza de madeira para agarralos cartos, unha pegatina, para adicar o regalo, de pórtico e dous corazón para pasalo lazo.  Baixo o lazo troquelei bolboretas e flores.